You are on page 1of 1

XOSÉ LOIS JÁCOME ENRÍQUEZ, Deputado do GRUPO MIXTO da COALICIÓN SON,

presenta a seguinte pregunta para a que solicita resposta por ESCRITO relativa ó mal
uso de contratos temporais do Museo de Pontevedra.
A prensa vén de publicar algo que poderíamos chamarlle crónica dunha morte
anunciada. O xuíz sentencia o carácter indefinido da relación laboral que unha
traballadora mantiña coa Deputación. A afectada, no posto de auxiliar técnica no
gabinete didáctico do Museo, foi encadeando contratos temporais dende o 2014 ata o
pasado ano; o que demostrou a necesidade permanente de maior cadro de persoal que
o actual. A Deputación, pola súa parte presentou un recurso como soen facer todas as
administracións.
Mais hai algo que nos choca se atendemos a outros casos como o peche do CIM de
Pontecaldelas, que tamén chegou á Deputación de Pontevedra. Neste caso, unha
representante do goberno provincial asegurou que: “o que é realmente triste (...) é que
un problema laboral que tiña que ser resolto por un alcade do Partido Popular se utilice
en ‘aras da igualdade’”. Daquela, non entendemos como aquel conflito tiña que ser
resolto por un alcalde casualmente do PP pero este non o está resolvendo o bipartirto.
Ademais, tamén lembramos que este deputado xa rexistrou unha pregunta por escrito
sobre este mesmo tema en xuño do 2018 sen que se recibira resposta algunha,
incumprindo o goberno provincial o regulamento aprobado no 2015.
Polo anteriormente exposto realizamos as seguintes preguntas:
1. A xustiza deulle a razón a M.M.O.G no canto ó carácter indefinido da súa
relación laboral; cal é o motivo de convocar tres interinidades para cubrir
postos que podería cubrir a demandante?
2. Hai testemuñas que aseguraron no xuízo que “hai traballadores que veñen
e que van” coa conclusión de que a Deputación usaba esta práctica para
que non se puidesen cumprir os prazos contemplados para adquirir a
condición da reclamada (indefinida); poden explicarnos a veracidade
destes feitos?
3. Hai algún momento do ano no que o servizo de Gabinete Didáctico
funcione exclusivamente co persoal laboral fixo e dous interinos?
4. Cantas persoas farían falta para atender sen ningunha ausencia, baixa ou
incidencia o Gabinete Didáctico en relación ó horario establecido? Existe
algún informe interno das necesidades de persoal que ten o Museo?

XOSÉ LOIS JÁCOME ENRÍQUEZ

COALICIÓN SON

Cangas, a _______ de _______________do 2018

Coalición Son
Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra: Avda Montero Ríos s/n.
Tlf: 638 603 907 – deputacionxoseloisjacome@gmail.com

You might also like