You are on page 1of 2

XOSÉ LOIS JÁCOME ENRÍQUEZ, Deputado do GRUPO MIXTO da COALICIÓN SON,

presenta a seguinte pregunta para a que solicita resposta por ESCRITO relativa ás
contratacións do Museo de Pontevedra.
En xullo do 2014, a deputada delegada en materia de persoal asinou unha resolución
pola que se convocaba unha bolsa de emprego da Deputación de Pontevedra para
contratacións laborais temporais especificando, entre outros postos, o de “auxiliar
técnico Gabinete Didáctico”. Dita resolución indicaba literalmente que “rematada a
contratación e traballados polo menos seis meses nun período dun ano, o interesado
pasará a ocupar o último lugar na relación durante un ano. Finalizado este período
volverá automaticamente ó lugar que, de acordo coa súa puntuación, lle corresponda.”
É dicir, cando as persoas contratadas cumprían 6 meses do contrato ían ó paro e
contrataban a outras persoas da lista para facer exactamente as mesmas tarefas; algo
que se viu prolongado ata que rematou a vixencia da bolsa, que era de dous anos dende
o seu inicio. Cando rematou esta modalidade de contratación -a través das listas-
recorreuse ás listas do paro; excluíndo por tanto do proceso ás propias persoas que
nese momento estaban contratadas pero que ían deixar de estalo en pouco tempo.
Isto vén provocando unha situación indiciariamente irregular, pois propicia que haxa
persoas que levan anos cubrindo necesidades que son permanentes, con contratos
temporais. Accédense a diferentes tipos de contratacións, rotan uns e outros
traballadores/as, pero sempre hai un grupo de traballadores/as temporais, xa que son
imprescindíbeis para o funcionamento do Museo.
O horario do Museo é de 10 a 21h de martes a sábados e de 11 a 14h os domingos e
festivos; a excepción daqueles festivos que pecha. Para cubrir ditos horarios,
precísanse, segundo profesionais do Museo 16 auxiliares; 8 de mañá e 8 de tarde.
Enténdese ademais que o persoal debe desempeñar parte da súa labor en horario de
non apertura para a preparación de tarefas, actualizar coñecementos ou preparar
exposicións.

Por todo o anteriormente exposto realizamos as seguintes preguntas:


1. Cantas persoas hai contratadas actualmente con vínculo permanente ou
estable no Museo de Pontevedra?
2. Cantas persoas farían falta para atender sen ningunha ausencia, baixa ou
incidencia o Gabinete Didáctico en relación ó horario establecido? Existe
algún informe interno das necesidades de persoal que ten o Museo?
3. Parécelle normal á Deputación que haxa profesionais que dende o 2014
encadenasen ata 5 contratos por “acumulación de tarefas”?
4. En xuño do 2017, Carmela Silva amosaba a súa preocupación pola alta
temporalidade dos novos empregos; que lle parece á presidenta a
temporalidade contractual que están a sufrir traballadoras e traballadores
da Deputación Provincial como os do Museo de Pontevedra?
5. Cubríronse postos necesarios do Museo de Pontevedra con bolseiros e
bolseiras?

Coalición Son
Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra: Avda Montero Ríos s/n.
Tlf: 638 603 907 – deputacionxoseloisjacome@gmail.com
6. Prevese nos orzamentos do Museo de Pontevedra as prazas temporais
necesarias de maneira continuada? Non cre a Deputación que estas prazas
deberían estar contempladas na RPT?
7. Cal é a situación actual do último proceso de selección? Alguén reclamou
algún aspecto de dito proceso?
8. Axústanse á legalidade os contratos contraídos de carácter temporal coas
traballadoras e traballadores do Museo de Pontevedra dende o 2014?
9. Pode demostrar a Deputación que todas as contratacións de carácter
temporal son independentes entre si e fan referencia á deriva de
necesidades de carácter temporal como baixas de incapacidade,
maternidades, desfrutes de vacacións, asuntos persoais ou incremento de
número de visitantes? Como pode ser que haxa algún factor destes de
maneira continua dende o 2014 que provocase que cada 6 meses houbera
persoas diferentes para cubrir os mesmos postos encadeando contratos
durante 4 anos?
10. Hai algún momento do ano no que o servicio de Gabinete Didáctico
funcione exclusivamente co persoal laboral fixo e os dous interinos?

XOSÉ LOIS JÁCOME ENRÍQUEZ

COALICIÓN SON

Cangas, a _______ de _______________do 2018

Coalición Son
Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra: Avda Montero Ríos s/n.
Tlf: 638 603 907 – deputacionxoseloisjacome@gmail.com

You might also like